Ir o contido principal

Do Bimilenario de Lugo ao Arde Lvcvs

O Proxecto

Lembranza do Bimilenario de Lugo, ao cumprirse o medio século da súa celebración, e Homenaxe ao Arde Lvcvs na súa XXV edición, co gallo da XLVIII Semana de Cine de Lugo.

Ver web da Semana de Cine

Ver folleto da exposición (PDF)

Ver información na web de Egeria

 

 

Arde Lvcvs

Estimando que a fundación da Cidade de Lugo acontecera durante as guerras cántabras, entre o 27 e o 24 a. de X.C., considerouse momento para celebrar o bimilenario deste acontecemento ao comezo do último cuarto do século XX, e así, o Ministerio de Educación e Ciencia creou o correspondente Patronato o 12 de setembro de 1975.

Elixiuse como logotipo a proposta de Felipe Arias Vilas, Conservador do Museo Provincial, baseada no reverso dun as de bronce de Augusto.

 

Arde Lvcvs

 

 

E hai que entender que un dos froitos daquel Bimilenario foi o comezo, vinte e cinco anos despois, do Arde Lvcvs, unha festa de recreación histórica que de tal xeito conquistou aos lucenses que hoxe goberna o noso calendario festeiro e transforma a cidade de Lugo por uns días na antiga Roma, pero máis variopinta, máis leda, máis vital e, sobre todo, máis igualitaria.

Cando veñen de cumprirse vinte e cinco anos do ARDE LVCVS, eliximos vinte e cinco instantáneas da fotógrafa BEGOÑA PÉREZ, e pedimos a vinte e cinco destacados lucenses opinión sobre o Arde Lvcvs, asignando aleatoriamente cadansúa foto a cada opinante. Son, polo tanto, vinte e cinco homenaxes á nosa Festa, que ofrecemos á consideración de todos os lucenses.

 

 

Os Paneis

Queres saber máis?

Contacta con Nós