Ir o contido principal

Olimpita de Foz cumpre 100 anos

O Proxecto

No seu primeiro centenario,
Foz honra á cantora que
“sorbió de Foz la inspiración más pura”
para ser parte da historia do noso pobo.

Ver información na web de Egeria

 

Olimpia

Olimpia Pérez Gómez naceu o 30 de maio de 1924 en Canillas (Logroño), filla de pai cubano e nai galega. Orfa de nai chega a Foz aos 17 anos co seu pai, Manuel Pérez Domínguez, médico coñecido como don Manuel da Congostra, por residir nesa rúa. Xunto con eles veu súa irmá Juanita, e súa tía, Marina Pérez Domínguez.

Despois de estudar en A Coruña, en 1948, por oposición, consegue praza de funcionaria no Concello de Foz, onde traballou durante 42 anos, tendo ao seu cargo os temas de turismo, que a apaixonaban, e desempeñou de xeito moi notable.

Foz

 

 

O que foi Cronista oficial de Foz, Suso Fernández, dixo de Olimpia que era “culta, sensible, romántica, namorada da vida” e que “cantou a Foz con voz vibrante de amor e entusiasmo…”

Olimpia afirmaba que ela vía “Foz, fulgiendo en el corazón de su bahía, placentero y prometedor”, porque “Foz es un lugar que emana belleza”. Tiña poética expresión para xustificar o seu amor por Foz: “Afrodita con su espuma me embrujó en este mar hermoso , cuando aquí me arrojó una noche de luna”.

Foz foi o seu maior amor e a súa principal fonte de inspiración.

 

Os Paneis

Queres saber máis?

Contacta con Nós